No exame da oposición do grupo D da Xunta.
Unha das persoas que teño detrás: "Se deran os exámenes en castellano e se deixaran de caralladas... ¿quén raio quere facer un examen destes en ghallegho?" (sic).
Comezan a repartir os exames. Máis ou menos nove de cada dez aspirantes solicitan o cuestionario en castelán, así que a coidadora (enormes signos de admiración) que reparte a versión en galego, farta de que todo o mundo lle diga "en castellano", opta (con bastante lóxica) por preguntar: "¿Alguien en gallego?" Cando ergo o brazo no medio dunha pequena multitude inerte, síntome unha vez máis, un pouco queer.
Uns minutos despois por megafonía: "No sorteo ha saído o cuestionario X".
Nun bar cando xa todo rematara: "Tía, menos mal que pudimos hacer el examen en castellano porque si no, yo hubiese fallado muchas más".
Mañana más.
7/01/2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada